Podemos!!!

6/19/2013 Nebra CF 0 Comentarios

La Voz de Galicia: Porto do Son e Nebra xogarán a final de copa

O Porto do Son e o Nebra disputarán a final da copa da localidade, cuarta edición do Memorial Emilio García, tras eliminar en semifinais ao Portosín e ao Baroña, respectivamente. O encontro terá lugar o domingo no campo municipal, a partir das 19.00 horas.

 As semifinais disputáronse o pasado fin de semana no campo Emilio García a partido único. A primeira eliminatoria xogárona o Nebra e o Portosín e acabou con vantaxe dos primeiros por 3-1. Os vencedores foron superiores aos seus rivais. Os goles foron materializados por Careixo, en dúas ocasións, e Xusto. O tanto do conxunto de Portosín foi obra de Volchán.

A continuación saltaron ao terreo de xogo os deportistas do Porto do Son e do Baroña coa intención de coñecer o outro finalista. Os sonenses foron moi superiores aos seus veciños nun encontro que apenas tivo historia.

O primeiro tanto chegou aos 20 minutos. O seu autor foi Careixo. O segundo marcouno Isma no 38. Pechou o tenteador Careixo no minuto 65.

Os dous partidos foron seguidos por ao redor de 150 persoas. O mal tempo provocou que a asistencia de afeccionados fose menos do esperado ao estar unha tarde bastante desapracible.

A final xogarase o domingo no mesmo escenario das anteriores eliminatorias e a Copa será entregada polo alcalde e polo edil de Deportes.

Amigable feminino

O Concello é o organizador da Copa e pretende que a xornada sexa un día de festa do fútbol. Antes de que se dispute a final, está previsto un encontro amigable feminino.

Ás cinco xogarán os equipos do Portosín e do Aguiño, un prólogo entre dous conxuntos que se coñecen á perfección e que militan na mesma categoría.

0 comentarios: