Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 17, 2013

Copa Porto do Son: Memorial Emilio García

Imaxe
Campo Emilio García La Voz de Galicia: Porto do Son, Baroña, Portosín e Nebra xogarán as semifinais O domingo «día 9» arrincou a copa Concello de Porto do Son, Memorial Emilio García, na que participan todos os equipos do termo municipal. A fase previa, a un só partido, enfrontou ao Caamaño e ao Nebra. O triunfo foi para os segundos, que venceron por 2-3. Pola súa banda, o Porto do Son estará na próxima eliminatoria tras superar ao Queiruga por 1-0. As semifinais disputaranse o domingo «día 23» no campo Emilio García. Nebra-Portosín xogarán a partir das cinco e ás sete será o Porto do Son-Baroña. Copa Porto do Son.